Imitation is Suicide

“There is a time in every man´s education when he arrives at the conviction thar envy is ignorance; that imitation is suicide; that he must take himself for better, for worse, as his position…”
Ralph Waldo Emerson

Hai un tempo na educación no que se chega á convición de que a envexa é a ignorancia; que a imitación é un suicidio; que un debe aceptarse a si mesmo para ben ou para mal, escoller cal é a súa posición …

Unha curta que presenta unha realidade distópica na que un adolescente atópase atuado na voráxine das novas tecnoloxías.

Advertisements

Comezamos un novo curso

Xa levamos uns días dun novo curso e dende o espazo da Biblioteca queriamos aproveitar para vos da-la benvida. Especialmente a todos aqueles que entrades por primeira vez no noso centro e estes días estades a pasar pola Biblioteca para falar do carné, dos servizos e dos recursos que se ofertan a través dela.

Esperamos que sexan proveitosos e que participedes nas actividades que este ano se despregarán para celebrar o 175 aniversario do noso centro.

Concurso de POP UP

Como xa se comentara nas clases, presentamos xunto co Departamento de Xeografía e Historia un Concurso para a realización de POP UP.

Condicións:

  • Trátase de elaborar un pop up dunha obra de arte ou dun artista dos séculos XIX ou XX.
  • No mesmo valorarase tanto a dificultade coma a precisión na execución.
  • O xurado do concurso estará formado por un representante do Departamento de Xeografía e Historia, un representante do Departamento de Educación Plástica e Visual , e un representante do equipo directivo.
  • O premio será un cheque agasallo dunha librería.
  • A actividade é avaliable e representa o 20 % da nota da 3ª avaliación.
  • A data de entrega será o vindeiro venres 22 de abril, e a exposición se realizará a semana do 25 o 29 de abril.

JinYong_CastlePopUp_BL1

Se queres máis información sobre os Pop Up ( Elementos que saltan), podes mirar aquí. Ánimo, que non hai moito tempo.

 

Os piares da creación

Moita xente coñece e emprega a “Wikipedia”, e por esa denominación refírese á versión en español, pero nós, dende este pequeno recunchiño temos a sorte de contarmos cun importante recurso, se ben menos coñecido, que é a Galipedia,  a versión galega da Wikipedia e que non sempre ten a presenza que debería.

Traemos isto a blogue, porque na Galipedia, de xeito periódico, destácase na cabeceira unha imaxe do día e hoxe presentan unha impresionante instantánea da Nebulosa da Aguia. A fotografía titúlase “Os piares da Creación” e amosa a Nebulosa da Aguia. Está realizada co Hubbleque é un telescopio robótico operado entre a Axencia Espacial de Estados Unidos (NASA) e a Axencia Espacial Europea (ESA) que orbita arredor da Terra a uns 600 quilómetros de altitude.

863px-Pillars_of_creation_2014_HST_WFC3-UVIS_full-res_denoised

Se che gusta e queres descargala no formato orixinal, prepara o disco duro porque son más de 100 megas de foto, e a podes descargar aquí. Claro que tamén se pode descargar en tamaños máis accesibles.

O cartel deste curso

Tódolos anos nas Bibliotecas Escolares que formamos parte da rede galega hai un lema co que tratamos, especificamente, de traballar un aspecto curricular determinado e, tamén tódolos anos, ilústrase cun cartel dalgún autor ou autora galegos. Desta volta, e durante todo este curso, o lema é “Biblioteca escolar, base de exploracións“, e o ilustrador escollido é Fran Bueno.

cartel_def_15_petit2_0

Particularmente pensamos que é todo un acerto pois, aínda que estamos inmersos na sociedade da información, e escóitanse continuamente expresións sobre a necesidade de saber buscar e manexar información e de como a xente nova é diestra e competente nesas actividades, o certo é que, cando analizamos algo máis que as apariencias, a realidade aparece cruamente. Un recente artigo aparecido non xornal “La Voz de Galicia” no que fai referencia ao último informe monográfico de PISA, aclara perfectamente a situación e indica a relevancia do lema deste ano.

Así, indícase que os nosos mozos e mozas teñen certos problemas de manexo da información a través da rede (nos conseguen diferenciar a información útil, da inútil; o relevante do accesorio o publicitario). Tamén avisa de que se na lectura impresa, é coñecido, estabamos lixeiramente por debaixo da media, isto agrávase na lectura dixital. Eis o traballo a realizar.