NUESTROS LIBROS, NUESTRA HISTORIA

Para conmemorar o Día do Libro, xunto co Departamento de Lingua Castelá e Literatura estes días pódese visitar, no vestíbulo de entrada, a exposición NUESTROS LIBROS, NUESTRA HISTORIA, na que se poden ver unha morea de exemplares que pertencen aos fondos da Biblioteca Histórica do noso centro.

Neste caso, son libros que van dende o ano 1587, o máis antigo, ata finais do século XIX, e aparecen obras como o “Teatro Crítico Universal” de frei Benito Feijóo, ou unha “Gramática de la Lengua Castellana“, editada en 1796 pola Real Academia Española, unha edición de 1783 das “Novelas Ejemplares” de Cervantes ou o “Sistema de los vegetales” de Linneo, editado en 1778.

Pero se prefires ver as imaxes individualmente, preme na imaxe

Cartel-2

Advertisements

Setembro 2011: Unha outra nova xeira

Portada do libro

Comezamos un novo curso e aínda que se están a da-los últimos retoques para que todo estea no seu sitio na Biblioteca, hoxe informamos dun acto que terá lugar proximamente. O vindeiro xoves, día 29, un profe do noso IES, Manuel Celso Matalobos en colaboración con Olga Patiño, presenta un novo libro: Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación.

O libro está editado por Bubela, e se queres saber un pouco máis del, sobre que vai, as temáticas ou o significado do movemento poético, podes ver o comentario que fai Armando Requeixo no seu blogue, ou ler o resumo da conferencia de Xosé Manuel Valcárce pronunciada no derradeiro Día das Letras.

Se, tras esa información, apetéceche asistir á presentación, velaí tes o teu billete co día, hora e lugar.