8 de marzo-4

Aquí temos outra das nosas aportacións. Hoxe debe ser un día de festa, de esperanza, e nós, aparte do resto de notas anteriores, tamén queremos aportar o noso grauciño no centro coa exposición do vestíbulo. Velaí témolas fotos.

8 de marzo-3

Como conmemoración desta data, este ano hai un movemento mundial que convoca as mulleres a faceren folga para que o mundo se decate do que pasaría se non estivera a metade da humanidade. Tódolos xornais e medios de comunicacións de masas publicarán e editarán novas de todo tipo sobre a súa repercusión.

Nós, preferimos o local. Presentámosvos un video dunha rapaza de Monforte, que a ritmo de rap,  expresa as súas ideas sobre o asunto. A ver que vos parece.

8 de marzo-2

Hoxe sería un dos días máis felices dun enorme artista, non só debuxante, que nos deixou hai pouco tempo ecque fixo da defensa da condición feminina un dos seus sinais de identidade. Como non, falamos de Forges , Antonio Fraguas segundo o seu DNI.

Aquí temos unha escolma dos seus debuxos, que son auténticos manifestos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Wikimaratón: Día Internacional da Muller

O vindeiro sábado 10 de marzo de 2018 vaise realizar o primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que será realizado na cidade de Ourense en colaboración coa concellería de Igualdade da cidade.

Este evento é unha das actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia, que se cumpre tamén, curiosamente, o 8 de marzo.

Neste evento traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos biográficos de mulleres destacadas na historia para mellorar e aumentar a súa visibilización na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se queres participar, en directo acudindo a Ourense, ou virtualmente a través da rede, seguro que che ha gustar, tan só tes que premer no cartel anunciador para conseguires máis información.

As mulleres tamén pintan

Nestes días conmemoramos o Día Internacional da Muller coa exposición titulada “As mulleres tamén pintan” que se pode ver en todo o vestíbulo. Aparecen as paredes e as columnas cheos de cadros realizados por mulleres artistas que non sempre tiveron nen a mesma difusión, nin tampouco a mesma relevancia que os artistas homes. Pero tamén as hai. Aínda que por distintas razóns quedaron nun segundo plano. Ás veces por seguir o desenvolvemente laboral do marido, ou pos atender na casa ou por ser mulleres.

Aquí presentamos un vídeo no que se recollen un feixe de mulleres artistas que, ademais, son galegas. Xunto cunhas pequenas notas biográficas, aparece tamén unha das súas obras máis ou menos representativas. Pode ser un bo principio para coñecermos máis sobre esta artistas.