A dúbida

img_20180724_100942-01Outra novela curta que se le dun tirón. María Reimóndez gañou con “A dúbida” o Premio de Novela por Entregas de “La Voz de Galicia”. Unha doadísima narración de denuncia dos abusos sexuais na infancia artellada dende a perspectiva da muller do acosador. O compromiso de Reimóndez para visibilizar este indignante tema non é un feito aillado, no 1998 fundou a ONG “Implicadas no desenvolvemento” dende a que se elaborou o proxecto “O son das buguinas” para a axuda às vítimas do tsunami na India no 2004, lembro ter traballado con eses boísimos materiais na aula… un pedazo de muller.

Son noxento

Boa novela curta de Mª Xosé Queizán. Unha mistura esquizofrénica de hilaridade e repulsión que xoga co lume ao confrontar a perversidade e o humor dun xeito temerario. Unha denuncia do estereotipo machista a través dun personaxe primario, esperpéntico e escatolóxico que ao longo dun monólogo co lector vai xustificando o seu polarizado comportamento asocial.
Libro áxil que atrapa dun xeito brutal, lectura dunha sentada.

O demo e o profundo mar azul

O demo e profundo mar azulÉ un pracer ler a Eva Moreda. “O demo e o profundo mar azul” é unha novela curta de homenaxe á diáspora é mais a música, a historia dun galego que marchou a América nos anos 30 co saxo da parroquia baixo o brazo para converterse nun dos referentes do Jazz. A narración está trenzada como si se tratara dos temas da banda sonora da súa vida. Eu funa lendo co acompañamento musical dos mitos dunha época gloriosa. O dito, un pracer.

VIAXE A LONDRES 2018

VIAXE A LONDRES

Alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO que cursan Seccións Bilingües de Música e de Tecnoloxía

Pulse aquí para ver fotos da viaxe

Pulse aquí  para ver vídeo

 

 

 

 

 

 

 

Alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Lucus Augusti, que cursan Seccións Bilingües de Música e de Tecnoloxía, realizaron a finais de marzo unha viaxe de estudos a Londres, onde tiveron a oportunidade de coñecer lugares emblemáticos da capital británica, como o ParlamentoBuckingham PalacePiccadilly CircusTrafalgar SquareCovent Garden ou Hyde Park. Tamén visitaron o Museo Británico, o Museo de Ciencia e Tecnoloxía, o Museo de Ciencias Naturais e a National Gallery. Na igrexa anglicana de St. Martin in the Fields asistiron a un concerto en conmemoración do Día Mundial da Auga, interpretado polo prestixioso coro de St. Martin’s Voices.

VIAXE A ITALIA

 

 

 

 

 

 

 

Alumnos de 1º de Bacharelato

Os alumnos de 1º de BAC realizaron entre os días 16 e 23 de marzo unha viaxe cultural a Italia visitando as cidade de Venecia, Lido de Jisolo, Florencia, Montecatini, Pisa, Siena e Roma

Pulse aquí para ver fotos de Venecia

Pulse aquí para ver fotos de Pisa

Pulse aquí para ver fotos de Florencia

Pulse aquí para ver fotos de Montecatini

Pulse aquí para ver fotos de Siena

Pulse aquí para ver fotos de Roma

Pulse aquí para ver outras fotos

VIAXE A PARÍS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC

Pulse aquí para ver fotos

Os alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC realizaron unha viaxe a París a semana anterior á Semana Santa na que visitaron na capital francesa a catedral de Notre Dame, a Sainte Chapelle, o Pantheon, o Palais Royal incluíndo os xardíns, o Arc du Triomphe, l’Opéra, a Tour Eiffel, así como o Orsay, Place Vasgues e o Hard Rock París.

Tamén fixeron pequenos desprazamentos para visitar o Palais de Versailles e Disneyland Paris.

INTERCAMBIO CON ALEMANIA

 

 

 

 

 

 

Os alumnos do IES Lucus Augusti realizaron un intercambio con alumnos de Alemania no que visitaron as cidades de Leipzig e Berlín.

Fixeron tamén visitas ao Völki e ao Bundestag puidendo contemplar unha obra de teatro e logo participar na festa de despedida que lles dispensaron os alumnos alemanes.

Pulse aquí para ver fotos

30 de NOVEMBRO – 175 ANIVERSARIO do IES LUCUS AUGUSTI

O día 30 de novembro de 2017 o Instituto Lucus Augusti de Lugo celebrou o seu 175 aniversario logo de ter sido fundado en 1842. A súa primeira sé foi o Seminario Conciliar de Lugo, hoxe edificio que alberga o Colexio dos Franciscanos. Foi pasando por distintas sés como o Colexio Compañía de Monforte, a Casa do Concello de Lugo, o edificio da Deputación Provincial, ata que definitivamente, no ano 1951, ocupou o actual edificio da Avda. Rodríguez Mourelo.

Ao longo da xornada foronse sucedendo diversas actividades para celebra-la efemérides.O colofón púxoo unha charla-coloquio coa presencia de diversas autoridades da política e da cultura.

– Para ver as fotos da perfomance “175 Anos Tendendo Cultura” pulse aquí

– Para ver as fotos da piñata pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola mañán no photocall pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola mañán coa figura do catedrático pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola tarde no photocall pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola tarde coa figura do catedrático pulse aquí

– Para ver as fotos da charla-coloquio pulse aquí

 

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

175 ANIVERSARIO

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

O Instituto convocou un concurso de marcapáxinas adicado ao 175 aniversario. Houbo unha gran participación que llo puxo realmente difícil ao xurado encargado de falla-lo premio.

Resultou gañador YAGO RIVAS PANADERO cun resume da historia das sedes onde estivo en funcionamento o centro ata a actual na Avda. Rodríguez Mourelo facendo fincapé nas datas nas que funcionou en cada edificio. O reverso está adicado a tódolos anos transcorridos desde a súa fundación ata o ano actual. Noraboa a Yago que en breve recibirá o seu premio consistente nunha tablet e diploma.

Proba da gran participación foi a cantidade de finalistas que houbo na mesma. Todos levarán un diploma de lembranza da súa participación.

Na película que segue a este texto podemos contemplar tódolos traballos finalistas así como, por suposto, o gañador.

Comezamos un novo curso

Xa levamos uns días dun novo curso e dende o espazo da Biblioteca queriamos aproveitar para vos da-la benvida. Especialmente a todos aqueles que entrades por primeira vez no noso centro e estes días estades a pasar pola Biblioteca para falar do carné, dos servizos e dos recursos que se ofertan a través dela.

Esperamos que sexan proveitosos e que participedes nas actividades que este ano se despregarán para celebrar o 175 aniversario do noso centro.