Lecturas para o Nadal 2016

Xa temos recén saído do forno o tríptico coas lecturas aconselladas para estas vacacións. Sempre procuramos tocar varios xéneros para que todo o mundo teña algo onde picar.

Desta volta, o que se propón vai dende novela que lle chaman histórica cun best-seller español (O regreso do Catón), un libro de Banda Deseñada sobre Olympe de Gouges, a muller que escribiu a “Declaración de Dereitos da Muller” durante a revolución francesa; clásicos de intriga (un libro de Agatha Christie) e clásicos renovados (Nemo, o rapaz sen nome); libros para adultos (As olvidadas, de Ángeles Caso) pero que poden ser lidos por rapaces e rapazas con inquedanzas ou como o seguinte, un libro sobre as normas de uso na internet (NETetiqueta. Comunicación en entornos dixitais). Finalmente, libros relacionados con acontecementos cinematográficos e ademais en galego (Un monstro vén a verme) ou best-seller para mozos e mozas (El corredor del laberinto).

Para velo polo miúdo, hai que premer na imaxe. Que teñades boas festas.

lecturas-nadal-2016

Advertisements

Un NADAL en galego

Por unha vez, e sen que serva de precedente, a Xunta decidiu facer algo a prol da lingua e presentou un enderezo dende o que se pode mandar postais de felicitación en galego a través do correo electrónico. Para facelo, tan só tes que premer na imaxe de abaixo, na que aparecen algúns dos bosquexos, e seguir as instrucións.

PostaisE xa postos, recomendámosvos dous enderezos con suxestións que poden servirvos para facer agasallos a familiares e amigos. Son TendaGaliza e Agasallo. Pódese atopar case de todo, dende agasallar unha bandeira, un colante, un dominio.gal ou libros ou dvd’s. Tan só tedes que premer nas imaxes e seredes redireccionados.

agasallo

tendaSe queres ver unha selección do primeiro dos enderezos, e imprimir o folleto, preme na imaxe de abaixo.

agasallo.issu

 

Finalmente, dende aquí desexámosvos Bo Nadal e Felices Festas.

Guía de Lecturas. Nadal 20104.

Temos recén saída a Guía de Lecturas deste Nadal 2014. Como veredes é moi diversa pois aparecen dende obras de corte máis romántico (El sendero del amor de Nicholas Sparks) até a última novela da escritora lucense María Reimóndez e último Premio Xerais de Novela titulada “Dende o conflito“.  Tamén está o último Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014, “O Gran Reino” de Eduardo Santiago, e un valor seguro como é un libro de Laura Gallego; neste caso, o titulado “Finis Mundi“.

Que pasedes Felices Festas e que destrutedes da lectura.

Guía de lectura Nadal 2014

A tecnoloxía avanza, tamén nestas festas.

Visto pola Internet, velaí está a proba de que as Tecnoloxías da Información son xa tan parte da nosa vida que, mesmo, nestas datas tamén son imprescindibles. Se tes altofalantes, préndeos para te embeberes do espírito navideño. Que vos traian moitos agasallos.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/tgtnNc1Zplc" width="500" height="400" wmode="transparent" /]