Tariq Alí- “A la sombra del granado”

Novela apaixoante e estremecedora, A LA SOMBRA DEL GRANADO é a crónica dun desgarramento: o dos musulmáns que permaneceron nas súas terras tras a culminación da Reconquista en 1492 e aos que o decreto de conversión promulgado dez anos máis tarde levouá diáspora, ao ocultamento ou a unha frustrante decisión. A través dos avatares dunha familia morisca do reino de Granada, Tariq Ali pinta un fresco inolvidable desos días decisivos nos que, cun telón de fondopresidido pola siniestra figura do cardeal Cisneros, as fogueiras inquisitoriais, espías, intrigas e escaramuzas, á luz dunha civilización espléndida esmorece lentamente.

O autor, Tariq Alí, é un escritor, director de cine e historiador de orixe paquistaní que tras loitar, cando era estudante, contra a ditadura paquistaní foi enviado a Londres. Ten escritas varias novelas mais tamén varios libros sobre o fenómeno do “yihadismo”. Colabora con artigos na prensa británica, sobre todo, en cabeceiras como The Guardian, pero tamén en diversos medios críticos como Rebelion.org e outros varios.

2 comentarios en “Tariq Alí- “A la sombra del granado”

  1. Unha historia xenial, que nos achega a unha nova perspectiva dun feito historico moi coñecido, moi estudado, pero case sempre desde o outro “lado”. Foi, para min, un libro revelador. Recoméndovolo!

    Gústame

Deixar un comentario